Pradeiras a comezos do outono, tras un verán con temperaturas extremas e moi seco.
A seca extrema é un dos factores determinantes que pode condicionar as pradeiras, polo que é preciso seguir a evolución que experimentan os prados coas primeiras chuvias do outono para decidir se é preciso sementar de novo e facer unha renovación das pradeiras.
Os prados de curta duración (os italianos) adoitan renovarse no 2º ou 3º ano. Mentres, nos de longa duración (ingleses) esta renovación faise habitualmente no 4º e 5º ano. Se coas chuvias de outono a cantidade de herba de raigrás é pouca recoméndase renovalo e sementala de novo.
Recomendacións para a sementeira do outono
En termos xerais, para prados de curta duración recoméndase empregar a mestura F-2 para a sementeira. Porén, para as pradeiras de longa duración está indicada a mestura F-4.
Para lograr boas producións, recoméndase preparar a terra o mellor posible e utilizar maquinaria de precisión e unha dose de sementeira de 35-40 quilos por hectárea.
Un bo abonado tamén será determinante para a colleita de herba. Así, é recomendable aplicar xurro para o abonado da terra ou entre 300 ou 400 quilos dunha fórmula de inverno de fertilización.
Á marxe destas recomendacións xerais para a renovación de pradeiras, a Cooperativa conta con técnicos especializados que poden ofrecer as indicacións agronómicas necesarias para lograr boas producións de herba nas pradeiras.
Os conservantes e o tipo de plástico empregado poden marcar a diferenza para lograr ensilados de gran calidade. Aportamos algunhas recomendacións para mellorar o ensilado de herba
Aportamos algunhas recomendacións para mellorar a calidade dos silos. “O silo de herba segue sendo o gran esquecido na produción de forraxe. O conservante e o plástico que empreguemos pode marcar a diferencia para lograr un moi bo silo, o que non só repercute na produción senón no benestar do gando”, explica José Manuel Rodríguez Medeiros, responsable de Ventas e Marketing en AIRA.
Os conservantes
No emprego de conservantes podemos atopar dous tipos en base á súa función no silo. Por unha banda, atópanse os conservantes que teñen como obxectivo baixar o PH do silo mediante o engadido de sales de ácidos orgánicos (fórmico, propiónico, láctico etc.). Neste grupo atópanse solucións como as propostas por Delagro, entre eles Raysile.
Por outra banda, os conservantes tamén poden axudar a mellorar a calidade do silo, para o que se bota man de preparados que incorporan bacterias lácticas que contribúen a que o proceso de fermentación da herba sexa máis controlado, rápido e homoxéneo. “Con estes conservantes o que se procura é que a fermentación comece antes e dun xeito controlado, polo que se conseguen silos de maior calidade e reducir as perdas”, detalla Medeiros. Para lograr este obxectivo, en AIRA estase optando por produtos como Josilac e Delasil. Recoméndase este tipo de produtos de maneira xeral para todo tipo de silos e condición da herba.
É preciso coidar todo o proceso de ensilado para garantir óptimos resultados
“O uso de conservantes non vai suplir as malas prácticas no ensilado, senón que os conservantes están pensados para paliar certas adversidades meteorolóxicas que se poidan producir durante o ensilado”, concreta Rodríguez Medeiros. É preciso coidar todo o proceso de ensilado para garantir óptimos resultados.
Tapar ben o silo
O plástico que se emprega para tapar o silo de herba tamén pode marcar a diferencia para lograr ensilados de gran calidade. Dende o departamento de Marketing de AIRA apuntan a que solucións como a Lámina de Delagro, pode ser fundamental para evitar as perdas no silo. Trátase dunha solución 3 en 1, xa que combina tres tipos de plásticos cos que garantir unha óptima conservación e protección do silo: Oxiprotec, Triotech e Silonet.
Tapado do silo. // Fonte: Delagro.
O plástico central é a lámina bicolor Oxiprotec que evita a entrada de osíxeno á forraxe, para garantir unha boa fermentación anaeróbica. Ademais, actúa como unha barreira antiluz e anticalor. Deste modo conséguese un bo illamento entre a masa de forraxe e o exterior para lograr un ambiente anaeróbico que permite a correcta conservación.
Este plástico combínase coa tecnoloxía Triotech, un plástico transparente impermeable que se adhire á superficie da forraxe para garantir a ausencia de osíxeno, principal inimigo na conservación do ensilado. “Colocar esta lámina entre a forraxe e o plástico exterior permite reducir as perdas, o risco de contaminación por toxinas e increméntase a calidade do silo”, indica Rodríguez Medeiros. Ademais, ó estar adherido este plástico á forraxe, axuda a unha mellor conservación da mesma unha vez aberto o silo, ó evitar que entre osíxeno pola capa superior cara ó interior do silo.
Os conservantes e o tipo de plástico poden marcar a diferenza para lograr ensilados de gran calidade
Por último, no silo colócase o Silonet, a cobertura máis externa do ensilado, unha malla de rafia que asegura a protección do plástico para preservar o silo, evitando roturas e contaminacións.
“Optar por esta triple combinación á hora de cubrir o silo permite reducir os riscos e mellorar a calidade do ensilado, con todo cómpre coidar ó máximo todo o proceso de ensilado, para lograr os mellores resultados”, conclúe Medeiros.
Utilizamos cookies no noso sitio web para ofrecerlle a experiencia máis relevante ao lembrar as súas preferencias e visitas repetidas. Ao facer clic en "Aceptar todas", vostede consente o uso de TODAS as cookies. Con todo, pode visitar "Configuración de cookies" para dar un consentimento controlado.
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Delas, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcións básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como utiliza vostede este sitio web. Estas cookies almacénanse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de excluírse destas cookies. Pero a exclusión dalgunhas destas cookies pode afectar á súa experiencia de navegación.
As cookies analíticas utilízanse para entender como interactúan os visitantes co sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas do número de visitantes, a taxa de rebote, a fonte de tráfico, etc.
As cookies de publicidade utilízanse para ofrecer aos visitantes anuncios e campañas de márketing relevantes. Estas cookies rastrexan aos visitantes en todos os sitios web e recompilan información para ofrecer anuncios personalizados.
As cookies necesarias son absolutamente imprescindibles para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten as funcionalidades básicas e as características de seguridade do sitio web, de forma anónima.
Cookie
Duración
Descrición
cookielawinfo-checkbox-analytics
11 meses
Esta cookie é establecida polo plugin GDPR Cookie Consent. A cookie utilízase para almacenar o consentimento do usuario para as cookies da categoría "Analíticas".
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 meses
Esta cookie é establecida polo plugin GDPR Cookie Consent. As cookies utilízanse para almacenar o consentimento do usuario para as cookies na categoría "Necesaria".
viewed_cookie_policy
11 meses
A cookie é establecida polo plugin GDPR Cookie Consent e utilízase para almacenar se o usuario consentiu ou non o uso de cookies. Non almacena ningún dato persoal.