Os produtos fitosanitarios resultan esenciais para salvagardar os cultivos das pragas e enfermidades, asegurando así a viabilidade das colleitas. Tanto aqueles que se aplican antes da sementeira como os indicados para fases posteriores, é importante que sexan produtos de calidade e se acompañen do asesoramento necesario para que a súa aplicación se produza no tempo e a forma adecuada.

Aira ofrece un nutrido abanico de produtos nesta categoría, especialmente dirixidos a protexer o millo, a pradería e a vide, cultivos estratéxicos en Galicia aos que se dedica máis da metade da superficie cultivable.

Tamén contamos cun servizo de aplicación de fitosanitarios con equipos e persoal especializado e autorizado.

Fitosanitarios