Claves para mellorar o ensilado de herba

Trabajos de ensilado de la cooperativa AIRA.

Os conservantes e o tipo de plástico empregado poden marcar a diferenza para lograr ensilados de gran calidade. Aportamos algunhas recomendacións para mellorar o ensilado de herba

 Aportamos algunhas recomendacións para mellorar a calidade dos silos. “O silo de herba segue sendo o gran esquecido na produción de forraxe. O conservante e o plástico que empreguemos pode marcar a diferencia para lograr un moi bo silo, o que non só repercute na produción senón no benestar do gando”, explica José Manuel Rodríguez Medeiros, responsable de Ventas e Marketing en AIRA.

Os conservantes

No emprego de conservantes podemos atopar dous tipos en base á súa función no silo. Por unha banda, atópanse os conservantes que teñen como obxectivo baixar o PH do silo mediante o engadido de sales de ácidos orgánicos (fórmico, propiónico, láctico etc.). Neste grupo atópanse solucións como as propostas por Delagro, entre eles Raysile.

Por outra banda, os conservantes tamén poden axudar a mellorar a calidade do silo, para o que se bota man de preparados que incorporan bacterias lácticas que contribúen a que o proceso de fermentación da herba sexa máis controlado, rápido e homoxéneo. “Con estes conservantes o que se procura é que a fermentación comece antes e dun xeito controlado, polo que se conseguen silos de maior calidade e reducir as perdas”, detalla Medeiros. Para lograr este obxectivo, en AIRA estase optando por produtos como Josilac e Delasil. Recoméndase este tipo de produtos de maneira xeral para todo tipo de silos e condición da herba.

É preciso coidar todo o proceso de ensilado para garantir óptimos resultados

“O uso de conservantes non vai suplir as malas prácticas no ensilado, senón que os conservantes están pensados para paliar certas adversidades meteorolóxicas que se poidan producir durante o ensilado”, concreta Rodríguez Medeiros. É preciso coidar todo o proceso de ensilado para garantir óptimos resultados.

Tapar ben o silo

O plástico que se emprega para tapar o silo de herba tamén pode marcar a diferencia para lograr ensilados de gran calidade. Dende o departamento de Marketing de AIRA apuntan a que solucións como a Lámina de Delagro, pode ser fundamental para evitar as perdas no silo. Trátase dunha solución 3 en 1, xa que combina tres tipos de plásticos cos que garantir unha óptima conservación e protección do silo: Oxiprotec, Triotech e Silonet.

Tapado do silo. // Fonte: Delagro.

O plástico central é a lámina bicolor Oxiprotec que evita a entrada de osíxeno á forraxe, para garantir unha boa fermentación anaeróbica. Ademais, actúa como unha barreira antiluz e anticalor. Deste modo conséguese un bo illamento entre a masa de forraxe e o exterior para lograr un ambiente anaeróbico que permite a correcta conservación.

Este plástico combínase coa tecnoloxía Triotech, un plástico transparente impermeable que se adhire á superficie da forraxe para garantir a ausencia de osíxeno, principal inimigo na conservación do ensilado. “Colocar esta lámina entre a forraxe e o plástico exterior permite reducir as perdas, o risco de contaminación por toxinas e increméntase a calidade do silo”, indica Rodríguez Medeiros. Ademais, ó estar adherido este plástico á forraxe, axuda a unha mellor conservación da mesma unha vez aberto o silo, ó evitar que entre osíxeno pola capa superior cara ó interior do silo.

Os conservantes e o tipo de plástico poden marcar a diferenza para lograr ensilados de gran calidade

Por último, no silo colócase o Silonet, a cobertura máis externa do ensilado, unha malla de rafia que asegura a protección do plástico para preservar o silo, evitando roturas e contaminacións.

“Optar por esta triple combinación á hora de cubrir o silo permite reducir os riscos e mellorar a calidade do ensilado, con todo cómpre coidar ó máximo todo o proceso de ensilado, para lograr os mellores resultados”, conclúe Medeiros.