Produción de concentrados e racións
Os nosos técnicos elaboran racións adaptadas ás forraxes producidas nas ganderías, tanto de leite como de carne, respectando o uso maioritario de cereais e outros compostos controlados no noso laboratorio. Todos os produtos son minuciosamente analizados para asegurar a súa calidade e trazabilidade.
Nas instalacións que posúe Aira en Sarria prodúcense mesturas forraxeiras, tanto húmidas como secas, para aquelas ganderías que encomendaron á cooperativa a ensilaxe das súas forraxes. Unha vez complementados cos concentrados adecuados, sérvense diariamente permitindo ao gandeiro dedicarse exclusivamente ao manexo do seu gando, e deixando as producións agrarias e a preparación dos alimentos en mans dos nosos profesionais.
Carros mesturadores
Dentro da nosa oferta atópase a prestación de servizo de carros mesturadores para realizar o mesturado das forraxes producidas nas granxas e os concentrados procedentes da fábrica de pensos de Taboada, todo iso seguindo as indicacións da receita da ración elaborada por un técnico en nutrición. Aira conta con 22 rutas de carros mesturadores que dan servizo a 297 ganderías de toda a xeografía galega.
Por outra banda, desde fai máis dunha década comercializamos e ofrecemos asistencia técnica de carros mesturadores RMH en toda a Península Ibérica. Un servizo que funciona ao longo de todo o ano e que garante que ningunha gandería quede sen alimentar ao seu gando nin un só día.
Servizos veterinarios clínicos e reprodutivos
Contamos cun gran equipo multidisciplinar de veterinarios capaces de satisfacer todas as necesidades clínicas e reprodutivas que poidan presentarse nunha gandería. Estes profesionais atenden tanto casos clínicos, como deseñan e executan programas zootécnicos encamiñados a mellorar a produtividade e benestar animal das cabanas gandeiras. Dentro desta categoría atoparíanse, por exemplo, os programas reprodutivos, de calidade de leite ou de podoloxía vacún.
-
Fabricación de pensos
-
Fabricación de mesturas húmidas e secas
-
Técnicos en alimentación de gando vacún
-
Prestación de servizo de carros mesturadores a explotacións
-
Comercialización e SAT de carros mesturadores RMH
-
Servizos veterinarios clínicos e reprodutivos
-
Servizo de podoloxía vacún