A correcta limpeza das vacas e a hixiene global de todo o proceso de extracción do leite son necesarias para evitar a contaminación dentro e fóra das salas de muxido. O ambiente no que viven os animais está moi relacionado coa calidade do leite, polo que contar con produtos adecuados para garantir a correcta limpeza dos animais e a desinfección de camas, tanques de refrixeración do leite e equipos de muxido resulta esencial para poder ofrecer leite e derivados lácteos de calidade ao consumidor.
Aira dispón dun amplo catálogo de produtos na categoría de hixiene de muxido, entre os que tamén se inclúen produtos sen cloro, así como líquidos de uso profesional para a hixiene do ubre antes e despois do muxido ou produtos específicos para as limpezas do robot de muxido.
Algúns dos nosos produtos
Cremadip
Crema iodada para períodos de alto risco.
Predip
Hixiene de mamilas en espuma.
Naturcop
Produto barreira con extractos de plantas.
Dexicop
Deterxente desincrustante ácido concentrado. O máis coidadoso cos materiais: gomas, aceiro, etc.
Xermicop
Potente limpador alcalino clorado para os equipos de muxido e os tanques de refrixeración de leite.
Seladores para robots
Masterdip
Produto para antes e despois do muxido.
Povisan
Produto a base de iodo que ofrece a máxima protección despois do muxido.
Deterxentes sen cloro
Fortex P-35
Deterxente alcalino en base a sosa aditivada apta para lavar a altas temperaturas (robots).
Desocal AG
Ácido desinfectantes biocida. Pensado para combinar con Fortex P-35.