Nós

Aira é o resultado dun proceso de integración cooperativa iniciado en 2018, que supuxo a fusión nunha única entidade xurídica das cooperativas AGRIS, ICOS, COGASAR, COELPLAN e AIRA.

Anteriormente, en 2005, Aira estableceuse como unha cooperativa de segundo grao, integrando 12 cooperativas que se uniron co obxectivo de construír unha gran fábrica de pensos moderna e competitiva en Taboada (Lugo), que viu a luz 4 anos despois. A produción inicial deste centro foi de máis de 100.000 toneladas de penso ao ano, unha cifra que hoxe se eleva ás 237.000 toneladas.

Os retos permanentes do sector e as propias necesidades que foron xurdindo nas cooperativas socias, levaron no 2016 a abrir un período de reflexión sobre a conveniencia de avanzar máis nese proceso de integración que dera tan bos resultados ata o momento. Así, no 2017 propúxose aos socios combinar a actividade e a masa social de todas as cooperativas nunha única entidade xurídica, e a principios do ano seguinte Aira xa era unha realidade.

A actividade principal da cooperativa segue a xirar en torno á produción de leite e a maior parte dos produtos que comercializa concéntranse neste segmento. Xunto cos pensos fabricados en Taboada, a maior fábrica de pensos para gando vacún de leite que existe actualmente en España, Aira comercializa a través de empresas participadas como Delagro, abonos e fertilizantes. Ademais, Aira ofrece produtos e compoñentes lácteos como leites pasteurizados, queixos, etc.

Aira tamén ofrece ao socio todo tipo de servizos dirixidos a mellorar o rendemento das súas explotacións, a promover mellores prácticas de produción e a garantir a viabilidade do sector no seu conxunto. Todo isto inspirado polos valores da igualdade, calidade, comercio xusto e sustentabilidade.

Perfil do socio

Grafica AIRA
Grafica AIRA