Desde Aira subministramos todos os produtos que os nosos socios e clientes necesitan para o correcto desenvolvemento da súa actividade tanto agrícola como gandeira, complementando a nosa oferta coas tendas agrarias e supermercados. Do mesmo xeito, ofrecemos unha ampla gama de servizos encamiñados a acadar unha maior rendibilidade das explotacións.
Contamos co parque de maquinaria máis grande de Galicia e dispoñemos dun servizo de maquinaria profesional, asesoramento agronómico en áreas tan diversas como técnicas de labranza, fertilización, control de pragas e enfermidades, deseño e venda de instalacións, así como axentes de substitución, talleres agrícolas e gasolineiras.
Tendas e almacéns agrícolas
Na nosa zona de implantación dispoñemos dunha rede de puntos de venda, formada por trece tendas e almacéns agrícolas cunha nutrida oferta de produtos profesionais. Dentro desa rede intégranse sete supermercados baixo a insignia Mercarural, que buscan facilitarlle o día a día ás familias dos nosos socios e veciños.
Servizos técnicos agronómicos
Un amplo equipo técnico integrado por enxeñeiros encárgase de asesoraraos socios, estudando as mellores opcións para cada caso, na procura da optimización das producións e do incremento da rendibilidade das súas explotacións.
Servizo de maquinaria
Préstase principalmente desde os parques de Chantada e Pol, no sur ou no centro da provincia de Lugo respectivamente.
Entre os servizos dos que dispoñemos, poderíanse destacar:
- Arado e gradar
- Encalado e fertilización
- Aplicación de xurros
- Sementeira
- Aplicación de fitosanitarios
- Sega
- Recolección de forraxes
Complementando o servizo de maquinaría, en varias das delegacións, os socios poden contar de maneira exclusiva con diversos apeiros de menor tamaño coma aboadoras, rulos, despedregadoras, colleitadora de patacas, despalilladoras, podadoras de viña e árbores froiteiros e trituradora de pradeiras, para utilizalos cos seus propios medios.
Combustibles e gasolineiras
Aira conta con tres gasolineiras situadas en Chantada e Friol (Lugo) e Silleda (Pontevedra) con prezos moi competitivos. Ademais, dispón dun acordo con Repsol en virtude do cal, a través dos distribuidores oficiais escollidos en cada zona, a cooperativa subministra gasóleo a domicilio cos mellores prezos e un servizo rápido e profesional.
Talleres
Mecánicos profesionais e de longa traxectoria no sector, dan servizo de reparación de maquinaria agrícola nos talleres de Barrela, Chantada e Taboada (Lugo), completando desde xeito o noso compromiso de asistencia integral ao socio.
Ofertamos, por outra banda,o cambio de rodas e reparación de pinchazos a domicilio, converténdose éste nun dos servizos máis valorados. Ademais, a delegación de Chantada conta cun taller de mecánica rápida para o automóbil.
Instalacións de muxido
Un equipo formado por seis profesionais encárganse deste departamento: dous fontaneiros, tres técnicos de frío e instalacións de muxido e un asesor. Todos xuntos levan a cabo tanto proxectos de novas instalacións, coma de reparación e mantemento de instalacións xa existentes.
O servizo ofertado neste ámbito compleméntase con proxectos de fontanaría no ámbito doméstico, instalacións de placas fotovoltaicas, estufas de pellets ou caldeiras.
-
Tendas e
almacéns agrícolas -
Servizos técnicos
agronómicos -
Servizo
de maquinaria -
Combustibles
e gasolineiras -
Talleres
-
Instalacións
de muxido