Piadinas caseiras

6

racións

10
minutos

Dificultade:
fácil

Ingredientes para a masa

  • 500 g de fariña de trigo
  • 125 g de manteiga clarificada AIRA
  • 170 ml de auga temperada
  • 1 culler de sobremesa de bicarbonado de sodio

Ingredientes para o recheo (ao gusto)

Paso a paso

1. Prepara a masa

Nun recipiente, mestura a fariña, o sal, a manteiga clarificada AIRA e o bicarbonato. Amasa coas mans e engade a auga en tres veces, incorporándoa pouco a pouco. Continúa amasando sobre unha superficie de traballo ata conseguir unha masa homoxénea, lisa e manexable.

02. Deixa repousar

Coloca a masa nun recipiente, tápaa e déixaa repousar durante uns 30 minutos a temperatura ambiente para que adquira a consistencia axeitada.

03. Estira as piadinas

Divide a masa en 6 porcións iguais. Esparexe un pouco de fariña sobre a superficie de traballo e estira cada porción cun rolo ata conseguir unha piadina fina duns 2 mm de grosor. Se é necesario, recorta os bordos cun coitelo para darlles unha forma máis regular.

04. Cociña na tixola

Quenta unha tixola antiadherente sen engadir graxa e cociña cada piadina durante uns 2 minutos por cada lado, ata que estea lixeiramente dourada.

05. Enche a piadina e goza

Enche as piadinas cos teus ingredientes favoritos e engade os queixos Tres Viajeros e Pambre para darlles un toque especial. Se prefires o queixo fundido, volve colocar as piadinas na tixola durante 1 minuto máis.
Listas para gozar!

Comparte esta noticia:
Scroll ao inicio