Maquinaria Agrícola
Profesional para granxas
Contamos con maquinaria agrícola innovadora, punteira e de última xeración para mellorar a produtividade e a eficiencia dos campos dos nosos socios. Temos diferentes parques de maquinaria nas provincias de Lugo e Pontevedra para garantir a accesibilidade a equipos innovadores e adaptados a cada terreo.
Equipamento agrícola adaptado ás necesidades de cada explotación
En AIRA temos unha gran frota de maquinaria agrícola en Galicia para ofrecer un servizo integral con tecnoloxía punteira e un asesoramento técnico especializado a todos os nosos socios. O noso obxectivo é optimizar o tempo, mellorar a produtividade, garantir equipos modernos e un servizo de asesoramento e mantemento técnico de calidade.
· Colleitadoras
· Carros mesturadores
· Tractores
· Remolques
· Macroempacadoras
· Máquinas de encintar
· Cisternas
· Segadoras
· Sementadoras
Asesoramiento técnico especializado
de profesionais do campo
Seleccionamos cada unha das máquinas agrícolas de forma detallada para contar con tecnoloxía punteira e eficiente no sector. Isto permítenos ofrecer un servizo agrícola e gandeiro de calidade e totalmente a medida das necesidades de cada un dos nosos socios (tipo de terreo, superficie, cultivo, rendemento…).
Ademais, en Aira contamos cunha rede de talleres de vehículos agrícolas que se encargarán das reparacións que precises na túa explotación gandeira, velando así pola seguridade dos nosos socios.
Servizo integral de carros mesturadores
En AIRA ofrecemos un servizo completo de carros mesturadores RMH que inclúe desde o seu uso nas nosas ganderías socias, ata a súa venda e mantemento. Son equipos crave para realizar o mesturado de forraxes producidas nas granxas e os concentrados de penso, segundo as indicacións nutricionais das receitas indicadas polos nosos especialistas en nutrición animal. En Galicia contamos con 22 roteiros distintos que dan servizo a 297 ganderías, pero tamén comercializamos esta maquinaria por toda a Península.
Venda e distribución
Comercializamos estes carros mesturadores RMH por toda a Península Ibérica, como distribuidores principais da marca.
Servizo posvenda
Temos un taller propio especializado neste tipo de maquinaria que nos permite ofrecer asistencia técnica especializada, subministración, mantemento e repostos de pezas orixinais de forma rápida.
Servizo posvenda, pezas de reposto e mantemento
Ademais da venda de maquinaria agrícolatamén ofrecemos servizo posvenda , xunto con pezas de reposto e mantemento para estes equipos. Isto permítenos ofrecer un servizo integral e totalmente especializado que facilita o traballo de campo e inspira confianza en cada un dos nosos socios. Estamos comprometidos coa produtividade, a eficiencia e a innovación nas zonas rurais. Para iso, garantimos:
· Taller propio e asistencia técnica especializada.
· Suministro rápido de pezas e repostos orixinais.
· Revisión, posta a punto e mantemento preventivo.
Maquinaria agrícola e asesoramento personalizado para socios
Temos 17 delegacións con catro parques de maquinaria agrícola en Galicia, situados en Pol, Chantada, Sarria e Mesía. Isto permítenos chegar a todos os nosos socios e ofrecerlles un servizo próximo, rápido e personalizado.
Isto tamén evita custos innecesarios e reduce o impacto ambiental.
Preguntas frecuentes sobre a nosa maquinaria
A continuación, respondemos algunas preguntas frecuentes sobre nuestros equipos de maquinaria agrícola.
Con que marcas de maquinaria traballa Aira?
Empregamos maquinaria agrícola industrial das marcas máis innovadoras e líderes do sector para ofrecer eficiencia e produtividade a todos os nosos socios. O noso obxectivo é mellorar o rendemento, a eficiencia e a durabilidade de cada recurso.
Que tipo de maquinaria agrícola ofrece Aira?
Nos nosos parques de maquinaria agrícola en Galicia, dispoñemos dunha variedade de equipamentos para explotacións gandeiras , como: colleitadoras, tractores, remolques, empacadoras, sembradoras,, cisternas, etc.
Aira aconsella sobre que maquinaria é a máis axeitada para a miña granxa?
Si, en AIRA contamos cun equipo especializado para ofrecer asesoramento técnico na selección de equipos adaptados ao tipo de campo, cultivo e necesidades de cada un dos nosos socios para maximizar o aproveitamento dos recursos.