AIRA lanza un novo concurso de debuxo dirixido a familiares de socios e empregados da Cooperativa. Os debuxos seleccionados incluiranse no Calendario AIRA 2027.
Queremos que os nenos e nenas da nosa gran familia nos amosen como ven o futuro do mundo rural. Como imaxinan o campo dentro duns anos?
Quen pode participar?
Nenas e nenos de entre 7 e 12 anos que sexan familiares de socios/as ou empregados de AIRA.
Temática do debuxo: O rural no futuro
Queremos que plasmen a súa visión do rural do futuro. Teñen total liberdade para debuxar o que máis lles inspire, pero aquí deixamos algunhas ideas para comezar:
🚜 Tecnoloxía e maquinaria: tractores intelixentes, drons, robots agrícolas…
🌿 Natureza e ecoloxía: bosques, ríos, animais, enerxía limpa…
🌾 Vida no campo: aldeas, colleitas, familias, tradicións…
🌈 O que queiran: vale todo o que se che ocorra sempre que teña que ver co mundo rural, o futuro e AIRA!
Como participar?
Os debuxos deben presentarse:
Por correo postal á nosa sede central (Parque Empresarial, s/n, 27550 – Taboada) ou deixalo en calquera delegación de AIRA.
É imprescindible que:
- veñan nun folio A4 en horizontal
- nun sobre pechado
- e identificados con:
- Nome e idade do neno/a
- Nome do empregado/a ou da titularidade de socio/a
- Un número de teléfono de contacto
Data límite: Os debuxos poden presentarse dende o 10 de agosto ata o 5 de setembro, ambos incluídos.
Selección e premios:
Os 12 debuxos que formarán parte do calendario serán seleccionados polo persoal de AIRA.
Destes 12, un xurado interno seleccionará os gañadores/as.
Os premios son os seguintes:
🥇 Primeiro premio: 250 € en material escolar.
🥈 Segundo premio: 200 € en material escolar.
🥉 Terceiro premio: 150 € en material escolar.
🎁 Os 9 restantes: 100 € en material escolar cada un.
Todos os premios poderán trocarse por material escolar nunha libraría local que acordaremos segundo a localización de cada gañador/a. Porque queremos que o premio chegue a quen o merece e que, ademais, impulse o comercio da súa propia vila ou cidade.
Publicación de resultados:
Os debuxos seleccionados e o gañador anunciaranse o 11 de setembro de 2026.
A ter en conta:
As familias aceptan que os debuxos poidan ser utilizados por AIRA para a creación e difusión do Calendario AIRA 2027, así como para outros materiais promocionais relacionados co concurso. Sempre, iso si, respectando e valorando o esforzo e a creatividade de cada artista.
Información de contacto obrigatoria: Se o debuxo non inclúe os datos para identificar ou localizar ao autor/a (como nome, teléfono ou idade), quedará automáticamente fóra do concurso.
Orixinalidade do debuxo: Non se admitirán os calcos, as fotocopias, os debuxos copiados directamente sobre un orixinal ou o uso de modelos/plantillas predeseñadas. O traballo ten que ser 100 % orixinal e feito a man polo neno/a participante.
Aira Sociedade Cooperativa Gallega resérvase o dereito de modificar estas bases sen previo aviso, así como de declarar deserto o concurso se o considera oportuno.
Animámosvos a participar, porque queremos que o calendario do ano que vén tamén reflicta os ollos e os soños dos membros máis novos da familia cooperativa!

