Manteiga Clarificada

Que é a manteiga clarificada?

A manteiga clarificada AIRA é un produto lácteo 100 % natural, elaborado a partir de manteiga obtida de nata. Mediante un proceso de cocción e clarificación, elimínase practicamente toda a auga e os sólidos non graxos, obtendo unha manteiga clarificada de textura limpa e uniforme.
Non contén conservantes nin colorantes e é apta para persoas lactovexetarianas. Polas súas características e estabilidade, é un ingrediente versátil para diferentes aplicacións na industria alimentaria.

Características do produto

A manteiga clarificada ten un punto de fume máis alto que a manteiga normal, coas vantaxes que isto supón nas súas aplicacións.

O proceso de elaboración e a calidade das materias primas confiren ao produto un sabor a manteiga cun toque caramelizado, intenso e característico, que achega personalidade a todas as elaboracións nas que se utiliza. O seu baixo punto de fusión favorece unha textura branda e o seu sabor único. Ademais, a vida útil da manteiga clarificada é maior que a da manteiga normal.

Aplicacións

A manteiga clarificada ten entre os seus principais usos a elaboración de produtos culinarios e de repostaría. Neste sentido, destaca pola súa versatilidade, xa que pode empregarse en todo tipo de receitas, así como polo aforro de tempo na preparación de moitas das elaboracións nas que se utiliza.

Produto

Formato e loxística

Manteiga clarificada AIRA

200 GR – Palet 456 kg (190 caixas de 12 uds.)

Manteiga clarificada AIRA

2 KG – Pallet 224 kg (112 cubos)

Manteiga clarificada AIRA

7,5 KG – Pallet 682,5 kg (91 cubos)

Manteigaclarificada con aroma

7,5 KG – Pallet 682,5 kg (91 cubos)

Manteiga clarificada mestura ovella – cabra

7,5 KG – Pallet 682,5 kg (91 cubos)

Conservación

Para a súa conservación transportar e almacenar en frío, entre 1 e 6ºC. Evitar a luz solar.

Vida útil: 365 días.

Scroll ao inicio