Bica manteigada

10

racións

70 – 75 minutos

45- 50 minutos

Ingredientes para o fermento

  • 250 g de fariña de forza
  • 150 ml de auga
  • 2 g de fermento fresco de panadaría
  • Un pouco sal

Ingredientes para a masa final

  • 200 g de manteiga clarificada AIRA
  • 400 g de azucre
  • 250 g de fermento previo
  • 6 ovos
  • Raiadura dun limón
  • 250 g de fariña de trigo normal
  • 50 g de azucre + 1 pouco de canela para esparexer

Paso a paso

  1. Mesturamos todos os ingredientes do fermento, formando unha bola e deixando repousar con papel film.
  2. Prequentamos o forno a 180°. Montamos co batedor a manteiga mesturada co azucre
  3. Agregamos en anacos pequenos o fermento e, axudándonos dos ganchos da batidora para que non queden bolos, engadimos os ovos dun en un.
  4. Posteriormente, botamos a raiadura do limón e a fariña. Removemos ata ter unha masa homoxénea
  5. Enchemos o molde forrado con papel de forno e esparexemos o azucre e a canela. Metemos no forno durante 45-50’ e deixamos arrefriar
Comparte esta noticia:
Scroll ao inicio