6
racións
10
minutos
Dificultade:
fácil
Ingredientes para a masa
- 500 g de fariña de trigo
- 125 g de manteiga clarificada AIRA
- 170 ml de auga temperada
- 1 culler de sobremesa de bicarbonado de sodio
Ingredientes para o recheo (ao gusto)
- Queixo Tres Viajeros ou Pambre ao gusto
- Xamón cocido
- Leituga
- Tomate
Paso a paso
1. Prepara a masa
Nun recipiente, mestura a fariña, o sal, a manteiga clarificada AIRA e o bicarbonato. Amasa coas mans e engade a auga en tres veces, incorporándoa pouco a pouco. Continúa amasando sobre unha superficie de traballo ata conseguir unha masa homoxénea, lisa e manexable.
02. Deixa repousar
Coloca a masa nun recipiente, tápaa e déixaa repousar durante uns 30 minutos a temperatura ambiente para que adquira a consistencia axeitada.
03. Estira as piadinas
Divide a masa en 6 porcións iguais. Esparexe un pouco de fariña sobre a superficie de traballo e estira cada porción cun rolo ata conseguir unha piadina fina duns 2 mm de grosor. Se é necesario, recorta os bordos cun coitelo para darlles unha forma máis regular.
04. Cociña na tixola
Quenta unha tixola antiadherente sen engadir graxa e cociña cada piadina durante uns 2 minutos por cada lado, ata que estea lixeiramente dourada.
05. Enche a piadina e goza
Enche as piadinas cos teus ingredientes favoritos e engade os queixos Tres Viajeros e Pambre para darlles un toque especial. Se prefires o queixo fundido, volve colocar as piadinas na tixola durante 1 minuto máis.
Listas para gozar!

