Filloas con crema de castañas e chocolate

10 -12

filloas

50

minutos

Dificultade:

fácil

Ingredientes para as filloas

Ingredientes para a crema de castañas e chocolate

Para decorar

  • Castañas cocidas ou asadas
  • Chocolate negro relado

Paso a paso

1. Prepara a masa

Nun recipiente, bate os ovos xunto co leite. Engade a fariña pouco a pouco, mesturando ata conseguir unha masa líquida e sen gromos.

Incorpora o azucre, un chisco de sal e a manteiga clarificada AIRA previamente derretida. Mestura ata integrar todos os ingredientes.

Deixa repousar a masa durante uns 20-30 minutos.

2. Prepara a crema de castañas e chocolate

Pica o chocolate e colócao nun recipiente.

Quenta a nata sen que chegue a ferver e vértea sobre o chocolate. Deixa repousar uns minutos e mestura ata conseguir unha crema homoxénea.

Engade a crema de castañas e a manteiga clarificada AIRA. Mestura ben ata obter unha crema suave e uniforme.

3. Cociña as filloas

Quenta unha tixola antiadherente a lume medio e engráxaa lixeiramente con manteiga clarificada AIRA.

Verte unha pequena cantidade de masa e move a tixola para repartila formando unha capa fina.

Cociña durante aproximadamente 1 minuto, ata que os bordos comecen a despegarse. Dálle a volta e cociña uns segundos máis.

Repite o proceso ata rematar a masa, engraxando lixeiramente a tixola cando sexa necesario.

4. Enche as filloas

Estende unha capa de crema de castañas e chocolate sobre cada filloa e dóbraa en forma de triángulo ou enrólaa.

5. Decora e serve

Serve as filloas quentes ou mornas e remata cun pouco de chocolate negro relado e anacos de castaña.

Un doce perfecto para gozar dos sabores do outono!

Comparte esta noticia:
Scroll ao inicio