Xa está aberto o prazo de solicitude de axudas da PAC para o ano 2024. Calquera persoa interesada pode tramitar a súa solicitude cos servizos técnicos de AIRA. Recibirá asesoramento completo sobre todas as axudas ás que pode optar a súa explotación, así como seguimento ao longo de toda a campaña.
Aspectos a ter en conta:
- Se renovaches o teu DNI ou se cambiaron os teus estatutos, debes traer unha copia.
- Para o trámite, debes traer o CIP (Código de Identificación Persoal) que recibiste no teu teléfono.
Unha vez que teñas esta documentación, podes chamar aos seguintes números dependendo da zona á que pertenzas:
Zona Sur:
982441451Ext. 144 ou 681036948 (Antonio)
Ext. 145 ou 671602315 (Cruz)
Silleda:
982441451 Ext. 145 ou 671602315 (Cruz)
Ext. 510 Belén
Zona Norte:
620635248 Antonio
667846463 Carmen
Zona de Mesía e Zona de Sarria:
620635248 Antonio
AIRA infórmavos de que o prazo de solicitude para os Plans de Mellora e Incorporación segue aberto, sendo a novidade deste ano unha liña de axudas para a incorporación de mozos de entre 41 e 55 anos. O prazo de solicitude ampliouse ata o 22 de abril.

