Co comezo inmediato da tempada de traballo agrícola, é fundamental ter os tractores e outras máquinas a punto. Unha parte moi importante para realizar un traballo bo e seguro é ter os pneumáticos en bo estado.
Por iso, AIRA ofrece un servizo de venda e montaxe de pneumáticos agrícolas de varias marcas, como Michelin, Kleber e BKT. Este ano, tamén ofrecemos importantes descontos en pneumáticos Kleber (que forman parte do grupo Michelin).
Michelin tamén ofrece financiamento a seis meses para clientes finais. As compras deben realizarse en maio e xuño e requírese autorización bancaria previa.

