4
racións
20 minutos
Dificultade
media
Ingredientes
- 2 rabos de pulbo cocido
- 500gr. de pataca
- 3 cucharadas de leite (aínda que a cantidade depende da cremosidade desexada)
- 1 culler sopeira de manteiga clarificada AIRA
- Sal/Sal en escamas
- Pementa negra
- Pimentu dulce e picante
- Aceite de oliva
- Pereixel/ ceboliño (opcional para decorar)
Paso a paso
1. Prepara o polbo
Se utilizas polbo xa cocido, abre o envoltorio e quéntao durante 1 minuto no microondas. Se prefires preparar o polbo na casa, podes seguir os consellos de El Rey del Pulpo.
2. Prepara o puré de pataca
Pela as patacas e córtaas en gomos. Pon unha pota con auga e sal ao lume e, cando a auga comece a ferver, incorpora as patacas. Cóceas durante uns 20 minutos, ata que estean tenras.
Escorre ben as patacas e pásaas a un recipiente. Engade manteiga clarificada AIRA, leite e unha pizca de pementa negra moída. Esmaga as patacas cun garfo ata conseguir un puré cremoso e homoxéneo.
A manteiga clarificada AIRA achega ao puré un sabor suave e unha textura especialmente cremosa, perfecta para acompañar o polbo.
3. Cociña o polbo
Quenta unha tixola cun pouco de aceite de oliva. Cando estea ben quente, incorpora as colas de polbo coas ventosas cara arriba. Cociña ata que comecen a dourarse, dálles a volta e remata a cocción ata conseguir un lixeiro dourado.
4. Emprata e engade os últimos ingredientes
Serve unha base de puré de pataca e coloca enriba as colas de polbo. Remata o prato cunha pizca de sal en escamas, un chorro de aceite de oliva, pemento doce e picante e un pouco de ceboliño ou perexil.
Xa tes listo un delicioso polbo con puré de pataca e manteiga clarificada AIRA!

