8- 10
racións
30 minutos
Dificultade
media
Ingredientes
- 2 ovos
- 50ml de anís ou augardente de caña
- 500g de fariña de trigo
- 100g de manteiga clarificada AIRA
- Raiadura de limón ou laranxa (ao gusto)
- 150ml de agua temperada
- Un chisco de sal (5g)
- Aceite de oliva virxe extra ou de xirasol (para fritir as orellas)
- Azucre moído ou glas para esparexer
Paso a paso
- Botamos a auga temperada nun recipiente, un chisco de sal, a manteiga clarificada AIRA previamente derretida, a raiadura dun limón ou laranxa, azucre, anís e ovos.
- Batemos ata que non queden bolos e a continuación engadimos a fariña de trigo, primeiro con variñas e despois amasamos coa man.
- Unha vez que teñamos a masa, collemos porcións e estiraramos cun rodete.
- Con respecto á fritura das orellas, necesítase unha tixola con abundante aceite e fritir as orellas polas dúas partes.
- Finalmente, retiramos a un prato e botamos o azucre moído ao gusto.

