Orellas de Entroido

8- 10

racións

30 minutos

Dificultade

media

Ingredientes

  • 2 ovos
  • 50ml de anís ou augardente de caña
  • 500g de fariña de trigo
  • 100g de manteiga clarificada AIRA
  • Raiadura de limón ou laranxa (ao gusto)
  • 150ml de agua temperada
  • Un chisco de sal (5g)
  • Aceite de oliva virxe extra ou de xirasol (para fritir as orellas)
  • Azucre moído ou glas para esparexer

Paso a paso

  1. Botamos a auga temperada nun recipiente, un chisco de sal, a manteiga clarificada AIRA previamente derretida, a raiadura dun limón ou laranxa, azucre, anís e ovos.
  2. Batemos ata que non queden bolos e a continuación engadimos a fariña de trigo, primeiro con variñas e despois amasamos coa man.
  3. Unha vez que teñamos a masa, collemos porcións e estiraramos cun rodete.
  4. Con respecto á fritura das orellas, necesítase unha tixola con abundante aceite e fritir as orellas polas dúas partes.
  5. Finalmente, retiramos a un prato e botamos o azucre moído ao gusto.
Comparte esta noticia:
Scroll ao inicio