Soro en po
Que é o soro en po desmineralizado?
O soro en po de leite desmineralizado é un subproduto do proceso de fabricación do queixo. Prodúcese mediante un proceso de desmineralización para eliminar os sales minerais, seguido dunha pasteurización suave e secado por atomización. O soro mellora o valor nutricional e a textura dos produtos alimentarios aos que se engade. Ademais, contribúe aos obxectivos de sustentabilidade ao permitir a reutilización da auga.
Valor nutricional
Os soros en po desmineralizados son produtos alimenticios de alto valor engadido, con valores de proteína sobre masa seca superiores ao 11%, e de cinsas inferiores ao 5%. Estas proporcións melloran o nivel nutricional e funcional, ao ter un menor nivel de cinsas e maior nivel de proteína e lactosa. Trátase dun po fino e homoxéneo de cor crema. Sabor e olor lácteo característico.
Aplicacións
Soro desmineralizado D40
Xeados
Aporta sólidos lácteos, axudando a conseguir formulacións equilibradas.
Lácteos
Ideal para mellorar o perfil de sabor e facilitar ea incorporación na fórmula.
Panadería e pastelería
Axuda a darlle cor dourada durante o forno e engade un toque de dozura.
Deporte e nutrición
Proporciona azucres que axudan a mellorar a recuperación despois dun exercicio intenso.
Galletas e snacks
Versátil para desenvolver unha variedade de receitas e formulacións.
Cociña
Axuda a enriquecer e mellorar a textura de salsas e cremas.
Diferénciase do soro de leite estándar/ whey powder en que ofrece propiedades nutricionais e funcionais melloradas, xa que ten un contido de cinsas máis baixo e un contido de proteínas máis alto.
Soro desmineralizado D70
Nutricón infantil
Ingrediente para fórmulas infantís cun menor contido de sales minerais.
Deporte e nutrición
A súa boa solubilidade facilita a súa incorporación en formulacións deportivas e nutricionais.
Chocolatería
Aporta hidratos de carbono e proteínas de alta calidade, cun menor contido mineral.
Xeadería
Proporciona sólidos lácteos e facilita a estandarización das fórmulas, reducindo a cantidade de sales minerais requiridas.
Soro desmineralizado D90
Unha excelente fonte de proteínas do soro de leite e lactosa, cun contido mineral moi baixo. Permite axustar a proporción de proteínas do soro de leite respecto das caseínas e acadar o perfil mineral requirido.
Ingrediente recomendado para fórmulas infantís produtos para anciáns e outras aplicacións de alta gama.
Produto
Formato e loxística
Soro en po
Saco 25 KG – Palet 1250 kg
Soro en po IF
Saco 25 KG – Palet 1250 kg
Soro en po desmineralizado D40
Saco 25 KG – Palet 1250 kg
Suero en po desmineralizado D50
Saco 25 KG – Palet 1250 kg / BB 1000 KG
Soro en po desmineralizado D70
Saco 25 KG – Palet 1250 kg / BB 1000 KG
Soro en po desmineralizado D90
Saco 25 KG – Palet 1250 kg / BB 1000 KG
Soro de cabra en po desmineralizado D70
Saco 25 KG – Palet 1250 kg
Soro de cabra en po desmineralizado D90
Saco 25 KG – Palet 1250 kg
Conservación
Vida útil: 24 meses.