O noso lactosuero doce en po está dispoñible en varios formatos destinados a uso industrial. Para coñecer todos os formatos dispoñibles, contacta connosco.
Soro de leite en po (SWP)
Que é o soro de leite en po (SWP)?
O soro de leite en po é un ingrediente lácteo obtido mediante o secado do soro doce procedente da elaboración do queixo. Trátase dun po solto e homoxéneo, cunha composición que permite mellorar o valor nutricional e a textura dos alimentos nos que se emprega.
Este ingrediente é unha solución versátil para a industria alimentaria e permite aproveitar os nutrientes presentes no soro de leite, contribuíndo ao seu aproveitamento e á optimización dos recursos dentro dun modelo de produción máis sostible.
Aplicacións
O soro en po ten diferentes aplicacións, entre as que destacan:
Xeados
Aporta sólidos lácteos, axudando a conseguir formulacións equilibradas.
Lácteos
Ideal para mellorar o perfil de sabor e facilitar ea incorporación na fórmula.
Panadería e pastelería
Axuda a darlle cor dourada durante o forno e engade un toque de dozura.
Deporte e nutrición
Proporciona azucres que axudan a mellorar a recuperación despois dun exercicio intenso.
Galletas e snacks
Versátil para desenvolver unha variedade de receitas e formulacións.
Cociña
Axuda a enriquecer e mellorar a textura de salsas e cremas.
Gama de produtos