AIRA abre o proceso de venda da nave industrial de Basán
AIRA iniciou o procedemento de venda da nave industrial da súa propiedade situada en Basán, no municipio de Chantada. O inmoble, actualmente sen uso operativo e libre de cargas, conta cunha superficie construída de 668 m² sobre unha parcela de 961 m².
As persoas físicas ou xurídicas interesadas poderán presentar as súas ofertas en sobre pechado ata o 30 de xuño de 2026. A apertura pública das propostas terá lugar o próximo 6 de xullo ante notario.
A documentación do inmoble e as condicións completas do procedemento están dispoñibles para consulta a través de AIRA. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Cooperativa no teléfono 680 884 660 ou a través do correo electrónico direccion@aira.es.

