I Foro AIRA
A transformación da gandaría
A gandería está a evolucionar e coñecer os avances que marcan a diferenza é clave para afrontar os novos retos do sector.
AIRA convídate ao seu I Foro no que descubrirás solucións e experiencias reais en muxido robotizado, xestión da recría e dixitalización de procesos, da man de profesionais da cooperativa que compartirán os seus coñecementos e experiencia.
Pola tarde, Ramiro Antonio Fouz Dopacio, profesor da área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo e antigo xerente de Africor Lugo durante 25 anos, ofrecerá unha visión experta sobre a evolución da gandería e os desafíos que marcarán o seu desenvolvemento.
Unha oportunidade para actualizar coñecementos, coñecer novas perspectivas e levarche ideas aplicables ao día a día da actividade gandeira.
Programa
11:00 | Apertura de portas e recepción
11:30 | Arranque do I Foro AIRA e benvida
José Ramón Ratón Varela (Presidente de AIRA)
11:45 - 12:30 | Automatización do muxido: evolución tecnolóxica e novos sistemas
José María Viana Ferreiro (Responsable de alimentación animal de AIRA)
11:45 - 12:30 | Recría estratéxica: claves para mellorar a produtividade
Carmen María Iglesias Rodríguez (Técnica de alimentación animal de AIRA)
13:15 - 14:00 | Dixitalización en AIRA: novas ferramentas e aplicacións
Eneko Lizarralde Peña (Técnico de TI de AIRA)
14:00 | Comida
15:45 - 16:30 | ??????
Ramiro Antonio Fouz Dopacio (Profesor da Área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo e antigo xerente de Africor Lugo durante 25 anos)