A Consellería de Medio Rural publicou a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PAC) de España 2023-2027. O prazo de presentación das axudas finaliza o 22 de marzo.
As axudas buscan cubrir os investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Ademais, de facilitar os investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias. Finalmente, stablecer agricultores novos (incorporación agraria) e novos agricultores.
Requisitos
Requisitos de persoas beneficiarias para as dúas primeiras axudas:
- Ser titular/cotitular de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser “novo agricultor” que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e o medio ambiente, excepto no caso de persoa agricultora moza ou nova que solicita simultaneamente estas axudas.
- Ter, polo menos, 18 anos de idade, no caso de persoas físicas e ter capacitación profesional suficiente, excepto no caso de establecemento de persoas agricultoras mozas ou novas. As persoas xurídicas deberán acreditar que, polo menos, o 50 % posúe a capacitación suficiente.
- Que a súa actividade principal sexa a agraria, así como manter os investimentos cofinanciados durante 5 anos, desde o pago final ao beneficiario ou 3 anos no caso de mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.
Requisitos das beneficiarias para agricultores novos:
- Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos os incluídos.
- Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou cumprila nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda.
- Cumprir a condición de agricultor profesional dentro dos 18 meses seguinte á data de establecemento.
- A explotación na que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.
- Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento.
- Presentar un plan empresarial.
Requisitos acodes beneficiarias para establecemento de novos agricultores:
- As mesmas que para novos agricultores, con diferenza que será para aqueles comprendidos entre os 41 e 55 anos de idade, ambos os incluídos.