A delegación de AIRA en Friol (Lugo) acolleu un novo encontro de mulleres cooperativistas no que participaron socias da Cooperativa.
A actividade centrouse, nesta ocasión, en ofrecer información sobre as oportunidades que proporcionan as redes sociais, así como as boas prácticas e recomendacións, a xestión da imaxe de marca ou crisis de reputación online, entre outros contidos.
A xornada inclúese nas accións apoiadas pola Cooperativa para fomentar a participación das mulleres e ó mesmo tempo seguir a crear lazos de traballo e cooperación entre as socias de AIRA. O encontro estivo organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias Agaca e contou coa colaboración de Abeluria Cooperativa.